O PEQUENO BESBELLO


O pracer de
aprender


Benvidx

O Pequeno Besbello é unha academia nacida da vocación e a paixón pola educación e a cultura.

A nosa principal preocupación son os alumnos e as alumnas. Por iso centramos o noso método en coñecer, guiar e facer persoas independientes e capaces de xerar coñecementos.
Con nós atoparás unha forma de entender a aprendizaxe coma un proceso de crecemento e desenvolvemento das potencialidades.

Cremos na educación persoal, adaptable e especializada.

A nosa forma de traballar

Coñecemento e exploración

Aprender é moito máis que almacenar coñecementos. Significa descubrirse e explorar o suficiente para poder entender mellor a forma de traballar do noso cerebro.
Gústanos coñecer ás persoas que temos diante, ensinarlles a percorrer o camiño da súa educación da forma máis agradable e eficiente posible.

 Ética e compromiso

Entendemos a educación e a aprendizaxe como unha parte fundamental da vida, sen importar a idade.
Traballamos dende o compromiso con cada alumnx, conscientes da importancia da motivación e o traballo.
A nosa é unha academia ética, respetuosa pola labor docente e chea de paixón pola ensinanza.

 Grupos reducidos

A nosa misión é a de reforzar, identificar e optimizar os recursos de cada alumnx.
Por esta razón cremos imprescindible traballar con grupos reducidos e evitar as aulas masificadas.
Todxs teñen un sitio na nosa academia. Entendemos que os dereitos á educación e aprendizaxe son universais e sen condicións.

Share by: